Sunday 19 de May de 2024

A Casa da Cultura de Lousame acollerá “Noir Blanc”, unha exposición de 27 obras creadas hai tres décadas polo pintor Veiras Manteiga


A mostra será inaugurada este venres 18 de febreiro, ás 20:00 horas, polo artista e a alcaldesa María Teresa Villaverde

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais, e o artista José Luís Veiras Manteiga, inaugurarán a exposición “Noir Blanc” este venres 18 de febreiro, ás 20:00 horas, na casa da cultura lousamiá. Un acto que contará coa intervención do Pastor Rodríguez Santamaría, director do Museo do Gravado, así como unha apertura e peche musical a cargo de Fernando Froján.

“Noir Blanc” é unha colección de 27 traballos en tinta e acrílico sobre papel realizados a inicios dos anos 90 por Veiras Manteiga. A diferenza dos seus traballos máis actuais, en “Noir Blanc” desaparecen as cores, as figuras e as paisaxes tradicionais neste pintor. Unhas características que desaparecen e son substituídas por un negro sobre branco.